O principio (Tapa dura)

Características

Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza. &O principio& reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é quen de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións hiperrealistas de Sonja Danowski trasladan os lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos. Esta obra sensible e tenra é tamén unha homenaxe ao libro como ferramenta pacífica, ás bibliotecas como faros luminosos de sabedoría que se apagan alí onde se instaura a violencia, á palabra oral como alimento da alma. Malia todo, &O principio& transmite unha mensaxe de esperanza: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflicto bélico queira arrebatarlla.

Dimensiones: 22 (alto) / Nº de páginas: 36 / Peso: 306 g

Isbn: 9788484647799
Referencia: 001006538941417
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
30 de abril de 2012
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
DEMADEMORA
Ilustrador:
Carballeira, Paula
Título original:
PRINCIPIO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.