Antón Reixa (Tapa blanda Tapa blanda con solapas)

Características

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.

Dimensiones: 22 (alto) x 14,5 (ancho) cm / Nº de páginas: 344 / Peso: 474 g

Isbn: 9788499143996
Referencia: 001006532313381
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
22 de junio de 2012
Género
Biografías y Memorias
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - XORNALISMO
Número de edición:
1

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.