Un gorila: Un libro para aprender a contar (Tapa dura)

Características

Un gorila, dous orangutáns, tres chimpancés... e ti. Un álbum ilustrado para aprender a contar na compaña dos primates, que malia seren os parentes máis próximos dos humanos, algunhas especies viven ameazadas. Contando do un ao dez, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores é un axeitado achegamento aos números e aos animais da categoría dos primates. Anthony Browne representa tantos individuos como corresponde correlativamente coa cifra numérica. Son debuxos realistas e detallistas, nos que destaca ouso da cor e a expresividade dos simios, que transmiten afabilidade, dozura, picardía, timidez... Nos seus rostros adivíñanse xestos e actitudes propios das persoas. Así, a obra contén unha segunda lectura: coma outros animais, os primates teñen sentimentos. E malia que evolutivamente son os parentes máis cercanos dos humanos, a supervivencia dalgunhas especies está seriamente ameazada. O autor e ilustrador implícase directamente na difusión desta mensaxe, cun autorretrato seu ao que segue unha &foto& antropolóxica que reflicte a diversidade de razas e culturas de todo o mundo, coma un espello no que calquera lector/a pode verse retratado/a. &O que máis me gusta dos simios como personaxes é a súa universalidade. (...) A universalidade dos simios asegura que todos os nenos poidan identificarse con eles, no só os de certa idade, época ou raza&. [ Anthony Browne: &Jugar el juego de las formas&, FCE, 2011 ]

Dimensiones: 30 (alto) / Nº de páginas: 32 / Peso: 474 g

Isbn: 9788484647102
Referencia: 001006538943421
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
11 de octubre de 2012
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
TRAS OS MONTES
Ilustrador:
Browne, Anthony
Título original:
GORILA: LIBRO PARA APRENDER

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.