Ocultos. Animais extraordinarios (Tapa dura)

Características

Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas. Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambia e, como consecuencia, algunhas especies -antes moi ben adaptadas- son incapaces de sobrevivir no novo ambiente e acaban extinguíndose. Mentres, outras máis versátiles ocupan o seu lugar e comezan outra etapa de adaptación ás novas condicións. Nos ecosistemas máis intrincados, como selvas e arrecifes de coral, proliferan animais capaces de ocultarse no contorno. A evolución destas especies favoreceu a produción de adaptacións que lles permiten pasar desapercibidas. Despois de &Bocas&, &Nacer& e &Construtores&, &Ocultos& céntrase -coas súas soberbias ilustracións- nalgúns dos máis espectaculares exemplos de camuflaxe e mimetismo. En próximas entregas da colección &Animais extraordinarios& amosaranse as viaxes máis longas e os sentidos máis agudos.

Dimensiones: 34 (alto) / Nº de páginas: 32 / Peso: 564 g

Isbn: 9788415250418
Referencia: 001006520654770
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Fecha de lanzamiento:
17 de diciembre de 2012
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego
Colección:
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Ilustrador:
Fernández, Nicolás
Título original:
OCULTOS: ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.