Sherlock holmes anotado (Tapa dura)

Características

Un estudo en escarlata ; O signo dos catro ; As aventuras de Sherlock Holmes ; As memorias de Sherlock Holmes.

Este volume inclúe: -Un estudo en escarlata. -O signo dos catro. -As aventuras de Sherlock Holmes. -As memorias de Sherlock Holmes.

A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson.

Sherlock Holmes anotado recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle.

A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos.

Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.

Dimensiones: 28 (alto) x 21 (ancho) cm / Nº de páginas: 536

Isbn: 9788415166467
Referencia: 001006522121711
Editorial:
Rinoceronte
Fecha de lanzamiento:
1 de marzo de 2013
Género
Novela negra y Policíaca
Idioma:
Gallego
Traductor:
Iglesias, Bieito;Vázquez Fernández, Manuel
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Blanco y negro
Ilustrador:
Sidney Paget

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.