Un modelo que impulsa unha gobernanza sólida, ética e eficaz.
O noso modelo evoluciona conforme á situación e a contorna e alíñase coas mellores prácticas de goberno corporativo e dos organismos reguladores, así como cos estándares das sociedades cotizadas.
Estamos comprometidos co desenvolvemento da nosa actividade de forma ética e responsable, promovendo unha cultura empresarial que evite condutas contrarias aos nosos principios e valores. Baixo estes principios, enténdese que, calquera actividade debe ser realizada de forma honesta, íntegra, profesional e transparente.
Estes principios éticos e de actuación están recollidos no Código Ético do Grupo El Corte Inglés e deben respectalos e cumprilos todos os membros que integran a organización.

Principios éticos

INTEGRIDADE
E RESPONSABILIDADE

GARANTÍA E SERVIZO
AO CLIENTE

RESPECTO AOS
DEREITOS HUMANOS

RELACIÓN E VINCULACIÓN
COA SOCIEDADE E A
CONTORNA

RESPECTO AO
MEDIO AMBIENTE E
COMPROMISO CO
DESENVOLVEMENTO
SUSTENTABLE
Estrutura de
Goberno Corporativo do Grupo
O Consello de Administración de El Corte Inglés, S.A. é o máximo órgano de decisión, salvo nas materias reservadas á competencia da Xunta Xeral de Accionistas, que é o órgano soberano da compañía.