Construíndo o futuro ao lado da sociedade
A nosa vinculación coa sociedade lévanos a manter unha
relación de proximidade coas persoas e coa contorn.
Orientados a mellorar
a vida das persoas
+ 2.900 actividades sociais, culturais e deportivas

Deporte
+200
iniciativas patrocinadas
Compartimos moitos dos valores que promovemos a través do deporte, como traballo en equipo, superación persoal, constancia e hábitos saudable.

Cultura
+180
accións culturais
Promovemos a cultura en todos os seus ámbitos e a conservación do patrimonio artístico. Acollemos numerosas iniciativas nos nosos centros, que se celebran nos espazos de Ámbito Cultural.

Compromiso social
+500
iniciativas sociais
Estamos plenamente involucrados con diferentes asociacións e fundacións de interese público co obxectivo de axudar ao progreso social.
Participamos en diferentes proxectos que contribúen ao progreso social, para axudar a colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade
e para fomentar a sostibilidade a longo prazo.
01. Infancia e mocidadeColaboramos con entidades que promoven os dereitos e o coidado da infancia
02. Saúde e benestarApoiamos e financiamos importantes proxectos de investigación
03. Progreso local inclusivoPromovemos iniciativas que favorecen o desenvolvemento socioeconómico das zonas en que estamos presentes
Proxectos que nos enchen de orgullo

“Moda re-“, un proxecto para dar unha segunda vida á roupa
Colaboramos activamente con Cáritas no proxecto Moda re-, para dar unha segunda vida ás pezas que non foron vendidas ou foron depositadas en puntos de recollida nos nosos establecementos. As pezas reutilízanse ou destínanse a proxectos de reciclaxe téxtil e valorización enerxética, completando o ciclo da economía circular. Persoas en risco de exclusión social traballan nas plantas de selección de residuos téxtiles e nas tendas de segunda man solidarias.

Campaña #ECISeVisteDeRosa
Unha iniciativa que involucra todos os membros do Grupo na loita contra o Cancro de Mama.
Desenvolvemos actividades de sensibilización, pomos á venda produtos solidarios, iluminamos de rosa as fachadas dos nosos centros comerciais e financiamos proxectos de investigación, entre outras actividades.


