Contido principal
2026
Máis de 80 años de historia
El Corte Inglés toma o seu nome dunha pequena xastraría fundada en 1890 e situada entre as rúas Preciados, Carmen e Rompelanzas, de Madrid. En 1935, Ramón Areces Rodríguez, avalado polo seu tío César Rodríguez, merca a xastraría, comezando así a súa aventura empresarial.
1935
Ramón Areces Rodríguez merca unha xastraría fundada en 1890 que leva por nome El Corte Inglés.
1939
Adquírese un predio na rúa de Preciados 3, Madrid. Da comezo unha nova fase ao destinarse á venda a planta baixa, o primeiro andar e parte do segundo andar.
1940
En xuño de 1940, cando o negocio contaba con sete empregados, Ramón Areces constitúe a sociedade El Corte Inglés xunto ao seu tío César Rodríguez como socio e primeiro presidente da empresa.
1945
1946
Reforma integral do edificio de Preciados, ao mesmo tempo que se pón en marcha unha estrutura de venda por departamentos, propia dun gran almacén.
1955
Incorpórase o edificio lindeiro de Preciados 5. Co tempo fanse sucesivas ampliacións e modificacións co fin de ofrecer unha imaxe moderna e acorde coas demandas e necesidades da sociedade.
1960
Anúnciase por primeira vez que “Xa é primavera en El Corte Inglés”.
1962
El Corte Inglés comeza a súa expansión na década dos sesenta e inaugura o seu segundo centro, Praza Cataluña en Barcelona. Ao mesmo tempo abre centros en Sevilla e Bilbao.
1966
Ramón Areces convírtese en presidente da compañía tras a morte de César Rodríguez.
Nace a tarxeta de compra de El Corte Inglés; un novo concepto de pago para facilitar a compra aos seus clientes.
1969
Constitúese a sociedade Viajes El Corte Inglés que ofrece unha ampla gama de servizos, así como organización de eventos, congresos e convencións.
1972
Aparece impreso por primeira vez o slogan “Se non queda satisfeito devolvémoslle o seu diñeiro”.
1976
Inaugúrase Óptica 2000, un novo espazo dedicado á comercialización de produtos e servizos profesionais relacionados coa visión e a audición. En 2019, El Corte Inglés vendeu a cadea ao grupo holandés Grand Vision.
1979
Créase Hipercor, un novo concepto de hipermercado con seccións de téxtil, bazar, ultramarinos, perecedoiros e hostalaría. En 2017, apróbase a fusión por absorción entre El Corte Inglés, S.A. e Hipercor, S.A , para mellorar a oferta comercial e aproveitar as sinerxías.
Iníciase en Barcelona la Cursa El Corte Inglés, a carreira máis importante de Europa e unha das primeiras do mundo. En 1994 entrou no Libro Guinness polo récord de participación con máis de 109.000 inscritos.
1982
Constitúese a Correduría de Seguros do Grupo El Corte Inglés, hoxe líder do seu sector.
1986
A Selección Española de Fútbol protagoniza a campaña de publicidade de traxes de Emidio Tucci baixo o lema “Traxes de campeonato”.
1988
Constitúese a empresa Informática El Corte Inglés, empresa especializada nas tecnoloxías da información e as comunicacións. En 2020, a compañía foi vendida ao grupo francés Gfi.
1989
IIsidoro Álvarez convértese en presidente do Consello de Administración de El Corte Inglés tras o pasamento de Ramón Areces. Gran coñecedor do negocio, Álvarez comezou a súa andadura como empregado en El Corte Inglés mentres cursaba os seus estudos universitarios en Ciencias Económicas e Empresariais. Con 24 anos foi nomeado conselleiro da sociedade e sete anos más tarde, conselleiro director xeral. Álvarez é o grande artífice do desenvolvemento e expansión da compañía.
1995
El Corte Inglés adquire activos da sociedade Galerías Preciados, empresa que durante décadas foi o seu gran competidor en grandes almacéns.
2000
Lánzase unha nova cadea de supermercados, Supercor, que ofrece calidade e unha gran variedade en produtos de alimentación, limpeza e perfumería.
2001
Inaugúrase en Lisboa, en Portugal, o primeiro establecemento comercial de El Corte Inglés no estranxeiro. Ademais, adquírense os nove centros de Marks & Spencer en España e cinco hipermercados a Carrefour.
2002
Ponse en marcha Sfera, unha cadea de tendas especializadas en moda e complementos que ofrece unha grande oferta para muller, home e nenos.
En 2020, aprobouse a fusión por absorción de El Corte Inglés e Sfera co obxectivo de aproveitar as sinerxías entre os diferentes formatos para gañar en eficiencia e rendibilidade.
2006
Inaugúrase a primeira tenda de Bricor, cadea especializada en bricolaxe e decoración do Grupo.
En 2019, El Corte Inglés absorbe Bricor co fin de mellorar e complementar a oferta comercial.
2010
Amplíase El Corte Inglés do Paseo de la Castellana, en Madrid, cunha grande oferta de moda e luxo, así como espazos exclusivos dedicados ao servizo do cliente.
Inaugúrase en Madrid o primeiro Gourmet Experience, un espazo gastronómico que xunta firmas e cociñeiros de prestixio coa venda de produtos gourmet.
2014
O 14 de setembro falece Isidoro Álvarez tras 25 anos como presidente de El Corte Inglés.
Dous días máis tarde, Dimas Gimeno Álvarez é nomeado presidente do Consello de Administración de El Corte Inglés.
2015
Lánzase o servizo Click&Express que permite realizar a compra online e recibir o pedido no domicilio en menos de dúas horas ou na franxa horaria que elixa o destinatario.
2016
El Corte Inglés celebra o seu 75 Aniversario, sempre á vangarda e sendo un referente en innovación, tecnoloxía, servizo aó cliente, garantía, calidade e especialización.
2017
Prodúcese a fusión de El Corte Inglés e Hipercor.
Inaugúranse restaurantes singulares como Puertalsol ou Las Nubes de Castellana e novos espazos dedicados á venda de produtos ecolóxicos, como La Biosfera.
2018
O 14 de xuño, Jesús Nuño de la Rosa é nomeado presidente do Consello de Administración. Logo de desenvolver toda a súa carreira profesional en Viajes El Corte Inglés, asumiu a dirección xeral en 1998. Hoxe, Viajes El Corte Inglés é o líder do sector.
2019
O 10 de xullo, o Consello de Administración nomea Presidenta a Marta Álvarez, filla de Isidoro Álvarez. Co seu nomeamento, a presidencia de El Corte Inglés retorna á familia fundadora.
Marta Álvarez xa ocupara postos de responsabilidade en diferentes empresas e ámbitos do Grupo. Artífice do impulso e renovación das marcas propias do Grupo, promoveu tamén importantes avances en sustentabilidade.
2020
En xullo de 2020 constituíuse SICOR, a empresa de servizos integrais que abrangue diversas actividades, desde seguridade e alarmas do fogar, ata limpeza, mantemento ou loxística, entre outras moitas.
En outubro de 2020, lanzamos a nova aplicación e tarifa plana, El Corte Inglés Plus. Deste xeito, cambia a forma de relacionarnos cos nosos clientes, abrindo o camiño a unha comunicación máis personalizada co usuario dixital.
2021
2022
Selamos un acordo estratéxico co Grupo Mutua, que adquiriu o 8% do capital de El Corte Inglés, ademais do 50,01% do grupo Seguros El Corte Inglés.
O liderado no sector turístico consolídase tras a fusión de Viajes El Corte Inglés e Logitravel, co obxectivo de converterse na primeira axencia de viaxes de fala española.
Adquirimos a cadea Sanchez Romero, que contribuirá a consolidar a nosa posición como líderes en supermercados de calidade.
2026
Cristina Álvarez é nomeada presidenta do Consello de Administración de El Corte Inglés e da Fundación Ramón Areces.
Con máis de 30 anos de traxectoria profesional en El Corte Inglés, mantivo sempre un firme compromiso co desenvolvemento dos negocios do Grupo.
Fin do contido principal