O cliente constitúe o motivo principal que leva a El Corte Inglés cara a unha mellora constante, anticipándose e adaptándose ás novas demandas e necesidades da sociedade.
Esta aposta pola calidade e a innovación permanente e ese empeño en facilitar a vida das persoas, é o alicerce sobre o que se construíu unha sólida relación baseada na confianza mutua a longo prazo.
2,7 millóns de referencias de produtos
Transcrición do gráfico
Omnicanle
Somos o gran escaparate das marcas, incluídas as nosas propias, e ofrecemos ao cliente un amplo abano de posibilidades en todos os ámbitos, tanto na contorna física como en liña.
A omnicanle facilita a proximidade e o contacto permanente a través das nosas tendas, webs, app ou vía telefónica. Así interrelacionamos canles, optimizamos a calidade dos nosos servizos e estreitamos a relación co cliente.
Contamos cunha nova canle a través de WhatsApp para comunicarnos máis facilmente cos nosos clientes, así poden recibir e consultar os catálogos de distintas áreas do noso negocio para estar ao día das últimas novidades.
Traballamos con esmero para conseguir que os nosos clientes vivan unha boa experiencia a través dos nosos compromisos, altos estándares de calidade e a atención especializada.
Avanzamos na nosa carteira de servizos
- Catálogo estendido
Buscador de Artigos, amplía a oferta á que o cliente terá acceso en calquera centro.
- Consulta a un experto
Asesoramento en liña inmediato por parte dun vendedor especializado a través de chat, teléfono ou videochamada.
- Baby Expert
Orientación especializada e personalizada para os produtos de puericultura.
- Persoal Shopper
Asesoría de imaxe personalizada cun experto.
- Servizos cliente internacional
- Tax free: servizo de devolución do IVE para clientes internacionais.
- International Desk: espazo exclusivo para atención e axuda a clientes internacionais.
- Intérpretes e tradución: profesionais especializados para atender as diferentes nacionalidades e idiomas.
- Financiamento
Diferentes fórmulas de financiamento para as compras realizadas coa tarxeta de El Corte Inglés.
- Atención especializada
- Servizo de Atención ao Cliente nas nosas tendas. Dispomos de puntos especializados atendidos por profesionais cualificados que axudan e resolven dúbidas e incidencias.
- Liña de atención preferente para clientes con discapacidade, tanto en El Corte Inglés como en Viajes El Corte Inglés.
- Carta de Compra
Servizo para recoller e abonar, nun só punto da tenda, todas as compras realizadas en distintos departamentos.