Saltar navegación. Ir directamente ao contido principal

Menú secundario Fin do menú secundario

Menú terciario

Fin do menú terciario

Normas éticas

Comeza o contido principal

Código Ético

 

O Código Ético ten como obxectivo marcar os principios éticos e de actuación cos que se compromete o Grupo El Corte Inglés, e que define o marco de comportamento a seguir polos seus empregados e directivos no desenvolvemento do seu desempeño profesional.

O compromiso ético obriga ao cumprimento das normas e dos regulamentos legais de aplicación en cada momento, así como das normas internas e dos códigos de conduta e boas prácticas que o Grupo adopte voluntariamente.

Este Código Ético fundaméntase nos seguintes compromisos

  • Integridade e responsabilidade
  • Garantía e servizo ao cliente
  • Respeto aos dereitos humanos
  • Relación e vinculación coa sociedade e o medio

  • Respeto ao medio natural e compromiso co desenvolvemento sostible.

Canal Ético

 

O Canal Ético do Grupo El Corte Inglés permite a comunicación confidencial e directa para que tanto as persoas que integran o Grupo como outras partes interesadas poidan informar de posibles comportamentos irregulares ou de calquera acto que consideren contrario á legalidade, ás normas de comportamento do Código Ético ou demais reglas internas aplicables.

Estatuto Función de Cumprimento Normativo

 

O seu obxecto é a definición das bases da Función de Cumprimento Normativo, dos órganos que deben implantala e da súa interrelación coas áreas operativas e partes interesadas.

A aprobación deste Estatuto, así como a súa modificación e derrogación, son competencia do Consello de Administración.

Regulamento Órganos de la Función de Cumprimento

 

O obxecto deste Regulamento é regular as canles de desenvolvemento da Función de Cumprimento Normativo, a través dos órganos que deben implantala e do Estatuto da Función de Cumprimento Normativo. Define e describe a estrutura e funcionamiento, as diferentes competencias, e os compromisos e deberes da Función de Cumprimento.

A aprobación deste Regulamento, así como a súa modificación e derrogación son competencia do Consello de Administración.

 

Fin do contido principal