Una empresa responsable e comprometida
O noso modelo de negocio está baseado nunha serie de principios éticos, sostibles e responsables cara á clientela, o noso cadro de persoal, o equipo de fornecemento, o noso accionariado, a sociedade e o ambiente.
Como empresa responsable e comprometida, El Corte Inglés mantén un avance continuo cara ás mellores prácticas en materia ambiental, social e de goberno corporativo (ASG).
O noso Plan Director de Sustentabilidade 2025-2030 actúa como eixo central da estratexia sustentable e está aliñado co plan de recuperación económica tanto da Unión Europea como de España, tomando como referencia o Pacto Verde Europeo.
Este Plan Director susténtase en tres alicerces estratéxicos:
- A. Descarbonización e redución do impacto ambiental
- S. Cliente sustentable e outros grupos de interese
- G. Goberno da sustentabilidade

Para establecer o marco de actuación e os principios reitores nesta materia, o Grupo conta cun conxunto de políticas corporativas entre as que se atopa a Política de Sustentabilidade.
Os nosos 5 eixos de acción
- Produción e consumo responsable
Orientado ao equipo de fornecemento (produción) e clientela (consumo) e reforzado polo selo «Responsablemente», lanzado en 2018. - Dixitalización verde
Impulsamos a innovación como parte da transformación dixital da empresa, o cal deriva en aforro de materiais e enerxía. - Acción polo clima
Desenvolvemos iniciativas e programas co obxectivo de reducir a pegada ambiental da nosa actividade. - Cultura corporativa
A Igualdade, a Diversidade e o Compromiso social son os eixos que guían os principios e os valores do Grupo. - Bo goberno corporativo
Traballamos para dar cobertura ao resto de eixos, a través do modelo organizativo e de políticas presentes no Grupo.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
De acordo co noso modelo de negocio e eixos estratéxicos, e aliñados coa Axenda 2030, realizamos numerosas accións que contribúen a todos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), mais que impactan principalmente en:








A nosa actividade aválanos
99% DE ENERXÍAS RENOVABLES
+2.500 AUDITORÍAS ASG A PROVEDORES
+132.600 REFERENCIAS CON ATRIBUTOS DE SOSTENIBILIDADE
+300 PUNTOS DE RECARGA para vehículos eléctricos
79 PUNTOS DE RECOLLIDA de aparellos electrónicos
RESIDUO CERO
Certificado AENOR en nuestros centros e plataformas
SEGUNDA VIDA
Para pezas téxtiles
Producción responsable del algodón a través de Better Cotton Iniciative
ALIANZAS GLOBAIS
para un desenvolvemento sostible
COMPROMISO coa
produción ecolóxica e o comercio xusto
SELLO FSC no 100%
dos nosos produtos de celulosa para o fogar
Movemento pola sostenibilidade
Avanzamos no noso “Movemento pola sustentabilidade” desde a nosa cadea de subministración ata os nosos clientes:
01. Innovación nos produtos: aumentamos a nosa oferta sostible
02. Promoción do consumo responsable
03. Acadar a fidelidade de clientela, cadro de persoal e sociedade
04. Sensibilización e divulgación sobre Sostibilidade
05. Comunicación de compromiso e avance en materia de Sostibilidade
06. Visibilidade dos produtos e servizos sostibles
Comunicación cos grupos de interese
No noso compromiso como empresa socialmente responsable, mantemos un diálogo constante e fluído con todos os grupos de interese:
Froito deste diálogo permanente e para dar unha resposta adecuada ás súas necesidades e expectativas, o Grupo elaborou unha nova análise de materialidade conforme ao estándar GRI 3 a través dun estudo exhaustivo do contexto da organización.
Matriz de MaterialidadeVer Matriz de Materialidade
Desta forma, rexistráronse os impactos positivos e negativos, avaliando a súa importancia e identificando aqueles impactos que poidan afectar os Dereitos Humanos.
A través dun enfoque de “dobre materialidade”, definíronse unha serie de asuntos materiais personalizados para o Grupo agrupados en catro ámbitos:
- PLANETA
- CLIENTES
- EMPRESA E SOCIEDADE
- CADEA DE VALOR
Proxectos que nos enchen de orgullo

Residuo Cero
"Todo residuo que se produce se gestiona y todo lo que se gestiona, se valoriza”.
Esa es nuestra máxima y la certificación de AENOR de Residuo Cero avala que más del 90% de los residuos generados en nuestros establecimientos han sido valorizados.

Guía de producto sostible
Contamos con máis de 122.300 referencias sostibles, un 9% máis ca no exercicio anterior. O noso compromiso é aumentar anualmente, polo menos un 5%, a oferta destas referencias até 2025. Os atributos de sostibilidade aceptados están recollidos na nosa Guía de Produto Sostible para a nosa clientela e o equipo de fornecemento.